jueves, 13 de mayo de 2010

A vida de Uxío


Naceu en Parada de Moreda, O Courel, o 19 de xaneiro de 1930 no seo dunha familia de labregos.

Cando el xa viu que tiña idade suficiente matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras en Madrid onde comezou escribir poemas en castelán.

Nos anos de estudante aprofondou intensamente na lectura de poesía de diferentes autores e conseguiu certa sona como recitador de poemas.

En 1962 regresou a Madrid onde comezou a traballar na radio e mais na televisión na que dirixiu varios programas dedicados aos grandes poetas españois e internacionais sen esquecer os galegos.

En 1953 enfermou de pleuresía e agardou no Courel ata 1962. Foi durante esta estadía no Courel cando coincidiu con María Mariño, coa que estableceu unha longa relación literaria.

A nai nos últimos momentos da súa vida foi atendida por Elba Rei, enfermeira a que Uxío xa coñecía dende 1968 en Lugo.

Despois deste momento Uxío e Elba casaron e tiveron tres fillos: Branca-Preta Uxío e Arturo e outro que faleceu aos poucos días de nacer.

En 1982 foi elixido presidente da asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou tras sucesivas confirmacións ata o seu falecemento.

En 1991 publicou o seu primeiro libro de narrativa: O cubil do xabaril, libro de contos infantís ambientados na xeografía courelá.

En 1999 xa enfermo e imposibilitado para poder visitar O courel como gustaba facer publicou Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas.

1 comentario:

  1. Rubén, falatan as súas obras máis importantes. Estás facendo un post sobre elas? Espero que si.
    Ánimo que vas ben!

    ResponderEliminar