viernes, 18 de junio de 2010
jueves, 17 de junio de 2010
jueves, 10 de junio de 2010
HAIKU
O campesiño
É unha persoa boa
Pero non boa.
Estes labregos
adoran os legumes
e non bechos.
Aquel cidadan
so pensa na cidade
e non no campo.
Todos nós temos
un pensar diferente
ca outras xentes.
A nosa vida
pode ser moi agradable
se ti a loitas.
lunes, 7 de junio de 2010
miércoles, 2 de junio de 2010
Leo i arremecaghona

Esta actuación foi moi divertida e agradable. O rapaz chamado Leo parece moi agradable e moi festeiro.
Como persoa non sei como é, pero como actor é moi bo.
A súa fala como a das persoas das aldeas e emprega palabras que xa nadie emprega no galego. Tamen parece ter geada e non parece avergoñarse de tela, por que moitas persoas si se abergonzan.
O principio a actuación non parece moi divertida pero desupeto el dalle unha marcha explosiba.É unha actuación moi xuvenil e marchosa pero tamen ten outro significado, a defensa polo galego.
As letras das cancións gustabanme por que tiñan moitas palabras do galego que nadie xa usa. A letra era moi pegadiza e era facil de recordar.
Despois contra o final repartiron os premios dos gañadores dos haikus.
No noso instituto IES TERRA DE TURONIO repartiron cinco premios, os gañadores foron: Rebeca,Lara,Sindi,Norma e Aldan.
Os haikus que leron no auditorio eran moi bos.
Para ser o primeiro concurso de haikus do Val Miñor foron moi bos,e prticiparon moitas/os rapaces/zas.
A min gustoume moito por que a actuación foi en galego.Amin o tempo pasoume moi rapido.
martes, 1 de junio de 2010
Bicos con Lingua

Foi unha actuación moi dibertida e confortable pola defensa do galego.
O esquetch que mais me gustou foi o de cando quixo cambiar o seu nome para o galego, porque se chamaba Jose e queríao cambiar para Xosé.
o secretario do despacho cando o home chegou e lle falou en galego o secretario non lle facía caso, ata que lle comezou a falar en castelan entón foi cando lle prestou atención.
Cando lle dixo que quería traducir o nome de Jose para o de Xosé o secretario púxose istérico, entón Xosé dixolle que non era para tanto, pero o secretario non quería dar o brazo a torcer. Xosé tan decidido estaba de cambiar o seu o nome que o final chegou a conseguilo. Pero despois de todo este discurso o secretario dixolle que ese non era o despacho para o cambio de nome, que ese despacho era o rexistro numero 1 eo correspondente ao que el quería era o rexistro numero 3.
Pero o peor de todo que estas cousas pasan tamen na realidade que a xente que traballa neses lugares so te tratan ben se lles falas en castelan.
Do contrario o esquetch que menos me gustou foi o das linguas cando chegaron con unha nos brazos dicindo que xa morrera porque xa se pasara ao castelan e que o galego seguiría morrendo ata que as persoas cambiasen.
jueves, 13 de mayo de 2010
A vida de Uxío
Naceu en Parada de Moreda, O Courel, o 19 de xaneiro de 1930 no seo dunha familia de labregos.
Cando el xa viu que tiña idade suficiente matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras en Madrid onde comezou escribir poemas en castelán.
Nos anos de estudante aprofondou intensamente na lectura de poesía de diferentes autores e conseguiu certa sona como recitador de poemas.
En 1962 regresou a Madrid onde comezou a traballar na radio e mais na televisión na que dirixiu varios programas dedicados aos grandes poetas españois e internacionais sen esquecer os galegos.
En 1953 enfermou de pleuresía e agardou no Courel ata 1962. Foi durante esta estadía no Courel cando coincidiu con María Mariño, coa que estableceu unha longa relación literaria.
A nai nos últimos momentos da súa vida foi atendida por Elba Rei, enfermeira a que Uxío xa coñecía dende 1968 en Lugo.
Despois deste momento Uxío e Elba casaron e tiveron tres fillos: Branca-Preta Uxío e Arturo e outro que faleceu aos poucos días de nacer.
En 1982 foi elixido presidente da asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou tras sucesivas confirmacións ata o seu falecemento.
En 1991 publicou o seu primeiro libro de narrativa: O cubil do xabaril, libro de contos infantís ambientados na xeografía courelá.
En 1999 xa enfermo e imposibilitado para poder visitar O courel como gustaba facer publicou Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas.

